Os Codex Cinema estrean este venres, os filmes “ALTAS CAPACIDADES” e “EU CRÉOTE”
“ALTAS CAPACIDADES”, unha película soberbia e moi divertida, nominada á Biznaga de Ouro a Mellor Película, no pasado festival de Málaga.
Dirección: Víctor García León.
Sinopse: unha parella de clase media, ten a oportunidade de matricular o seu fillo nun colexio laico de elite. Para eles supón entrar en contacto coa clase alta, facer novos amigos, gañar máis cartos, e moitas máis vantaxes. Din que o fan polo fillo. Nesta fascinante contradición entre medos e principios morais, as aspiracións da parella levarán por diante o que ata entón era incuestionable.
A outra estrea da semana é “EU CRÉOTE”. Este filme gañou o premio Mellor Ópera Prima no 75 Festival Internacional de Berlín. No 22 Festival de Sevilla de cine europeo gañou o “Giraldillo de Oro”-Mellor Película, Mellor actriz e Mellor guión.
Dirección: Charlotte Devillers, Arnaud Dufeys.
Sinopse: Alice comparece ante o xuíz sabendo que non hai marxe de erro. Debe falar en nome dos seus fillos e enfrontarse ao seu pai pois a súa custodia está en xogo. Poderá facer que se escoite a súa voz e protexelos antes de que sexa demasiado tarde?






