Arias anima á mocidade a aproveitar os apoios da Xunta para impulsar novos creadores

A sede da Xunta acolleu a primeira Gala Talento Xove Lucense, un evento no que se presentaron proxectos de mozos e mozas da provincia recoñecidos nos programas Xuventude Crea e Iniciativa Xove, promovidos polo Goberno galego para fomentar a creación artística xuvenil.

O delegado territorial, Javier Arias, destacou a participación nos certames, con máis de 600 inscritos en Xuventude Crea, e puxo en valor a diversidade de disciplinas representadas. Así mesmo, sinalou que estas iniciativas buscan apoiar economicamente aos novos creadores e ofrecerlles visibilidade, ademais de facilitar o acceso a programas de formación e mentoring para o desenvolvemento dos seus proxectos.

A gala incluíu actuacións de danza moderna, na que foron premiados Miguel Figueiro, Uxía Alonso e Mateo Usera, entre outros participantes, así como unha representación teatral a cargo de Palimoco Teatro, recoñecido no ámbito do teatro amador. Tamén se presentaron proxectos en categorías como videoxogos, fotografía, videocreación e banda deseñada.

Durante o acto deuse a coñecer a iniciativa Semente Coral, orientada á difusión da música coral en centros educativos, seleccionada nos premios Iniciativa Xove xunto a outras propostas apoiadas pola Dirección Xeral da Xuventude, que impulsa este programa desde hai quince anos para fomentar iniciativas lideradas pola mocidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com