Dous tremores sacoden de madrugada a provincia con epicentro en Triacastela

Na madrugada deste sábado,ás 3:02 minutos a provincia de Lugo rexistrou un primeiro tremor de 3.1, ao que seguiron varias replicas e uns minutos despois, outro de máis intensidade 3’09. Os terremotos foron localizados no municipio de Triacastela, lugar habitual deste tipo de fenómenos xeolóxicos.

Os dous tremores, así como as replicas puideron sentirse na cidade de Lugo, así como  en diversas localidades da provincia.

As autoridades manteñen a vixilancia sobre esta actividade, mentres que os expertos sinalan que este tipo de episodios, aínda que causan certa alarma pola súa frecuencia, adoitan encaixar dentro da normalidade sísmica da zona.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com