Laura Vila ratifica no xulgado a denuncia contra José Tomé por presunto acoso sexual

Laura Vila, a muller que denunciou ao expresidente da Deputación de Lugo José Tomé, declarou hoxe no xulgado de instrución número 3 de Lugo, no marco da denuncia que ela mesma presentara hai uns meses, por un presunto caso de acoso sexual.

Na vista, a presunta acosada, respondeu ás preguntas formuladas polo seu avogado, pola defensa de Tomé e pola xuíza. Tras a declaración da denunciante fixérono a súa nai e unha amiga da denunciante. Esta última, segundo declarou a denunciante era a persoa que a acompañaba o día dos feitos no que Tomé, presuntamente, lle tería manifestado que, malia os seus estudos, non aprobaría unhas oposicións ás que se ía presentar, se non mantiña relacións sexuais con el. Estes feitos producíronse segundo Vila, nunha cafetería da Rúa San Marcos de Lugo. O actual alcalde de Monforte nega que se producira tal conversa neses termos.

O caso transcendeu publicamente no mes de decembro, despois de que Laura Vila presentase unha denuncia a través da canle interna do PSOE, organización política onde traballaba a súa nai. Posteriormente, a noticia fíxose publica logo de que un programa de televisión  informou sobre a existencia desta denuncia e doutras comunicacións relacionadas con presuntos comportamentos inadecuados atribuídos ao político lugués.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com