As últimas novas semellan indicar que tras abandonar este martes pasado o cargo de delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias recalará na dirección da área de Urbanismo do Concello de Lugo.
Se Arias se fai cargo da dirección xeral de Urbanismo, quedará cuberto un posto para o que é difícil encontrar unha persoa que teña ese perfil. Na actualidade e dende que Hipólito Pérez Novo tomou posesión desta dirección xeral comezárase a desatascar esa área do Goberno Municipal que levaba anos e anos no punto de mira de todas e todos os lucenses, e especialmente nos do eido da construción. De aí que alcaldesa Elena Candia lembrara que o exdelegado da Xunta, formou parte de Suplusa cando entidade impulsada pola Deputación, o que lle da un plus para seguir a desenvolver ese traballo á fronte do urbanismo lcense. En calquera caso, a rexedora recoñeceu que lle gustaría que decidise “continuar desenrolando a súa carreira en Lugo”.
Candia, amosou, a preguntas dos xornalistas, o seu desexo de que Arias acepte dito cargo, xa que o exdelegado ten formación para dirixir este proxecto e se a praza queda cuberta será un quebardeiro de cabeza menos para a rexedora.
Poren a alcaldesa confirmou que Javier Arias xa presentou a súa candidatura para o posto, o que todo fai indicar que o exdelegado da Xunta en Lugo, será o novo Director xeral de urbanismo do Concello de Lugo
.






