A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou un home a catro anos e tres meses de prisión como autor dun delito de agresión sexual a unha menor de idade.
Segundo recolle a sentenza, os feitos producíronse cando o acusado se atopaba ao coidado da vítima no domicilio familiar, en ausencia dos seus proxenitores. O tribunal considera acreditada a agresión a partir da declaración da menor, así como dos testemuños dos seus pais e dos profesionais que a atenderon.
A resolución foi ditada pola sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo e aínda non é firme, xa que pode ser recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).






