Elena Candia destaca a nova Cátedra de Xestión Cultural como unha oportunidade para reforzar o papel de Lugo no ámbito do patrimonio

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto Rosa Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago, a alcadesa de Lugo, Elena Candia, xunto con outras personalidades, inauguraron este mércores a Cátedra de Xestión Cultural Especializada en Patrimonio.

Campos cualificou a posta en marcha desta cátedra como “un fito histórico”, ao considerar que sitúa a Galicia entre os territorios pioneiros na formación e investigación especializada en patrimonio cultural.

A vicerreitora de Cultura da USC, Ana Cabana, quen interviu no acto, reivindicou o papel transformador da universidade, asegurou que a universidade debe ser contracultural; á cultura maioritaria xa se accede por outras vías, nunha defensa da capacidade da institución académica para fomentar o pensamento crítico e impulsar novas formas de coñecemento.

Candia puxo en valor a colaboración entre a Universidade, as administracións públicas e o tecido social como un elemento clave para impulsar proxectos que contribúan ao desenvolvemento cultural da cidade e á protección do seu patrimonio.

A alcaldesa trasladou a felicitación ao equipo promotor da cátedra e expresou a disposición do Concello a colaborar nas actividades que se desenvolvan ao abeiro desta iniciativa. Así mesmo, sinalou que a creación desta cátedra supón tamén un recoñecemento ao labor da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, destacando a súa oferta formativa, integrada polo Grao en Xestión Cultural, o Máster en Servizos Culturais e o programa de doutoramento en Estudos Culturais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com