O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xunto Rosa Crujeiras, reitora da Universidade de Santiago, a alcadesa de Lugo, Elena Candia, xunto con outras personalidades, inauguraron este mércores a Cátedra de Xestión Cultural Especializada en Patrimonio.
Candia puxo en valor a colaboración entre a Universidade, as administracións públicas e o tecido social como un elemento clave para impulsar proxectos que contribúan ao desenvolvemento cultural da cidade e á protección do seu patrimonio.
A alcaldesa trasladou a felicitación ao equipo promotor da cátedra e expresou a disposición do Concello a colaborar nas actividades que se desenvolvan ao abeiro desta iniciativa. Así mesmo, sinalou que a creación desta cátedra supón tamén un recoñecemento ao labor da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, destacando a súa oferta formativa, integrada polo Grao en Xestión Cultural, o Máster en Servizos Culturais e o programa de doutoramento en Estudos Culturais.






