O festival de Pardiñas acollerá a ardiñas acollerá a XXXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional

Os días 1 e 2 de agosto, o Festival de Pardiñas acollerá a XXXIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras Galegas. Trátase da mostra máis veterana da Península Ibérica dedicada á artesanía de instrumentos tradicionais e constitúe un dos principais espazos de encontro para construtores, músicos e público interesado na cultura musical galega.

A cita reunirá artesáns procedentes de Galicia e doutros lugares, que exhibirán instrumentos como gaitas, zanfonas, requintas, pandeiretas, bombos, violíns, harpas ou bouzoukis, favorecendo o intercambio de coñecementos e a difusión da luthería tradicional.

A inauguración contará co pregón de Concha Losada, figura destacada na preservación e divulgación do patrimonio cultural galego, especialmente a través da súa vinculación co Museo do Pobo Galego.

Durante a fin de semana desenvolverase un programa que combinará concertos, obradoiros e actividades participativas. Actuarán os grupos Seimeira, Pandeireteiras de Agrocovo, Arroxó e Sete Aldeas, mentres que os asistentes poderán participar en obradoiros dedicados á treboada, impartido por Oli Xiráldez, e ao baile tradicional, dirixido por Cris Canosa.

A Mostra mantén así a súa vocación de ser un espazo de divulgación, aprendizaxe e encontro arredor da música tradicional galega, contribuíndo á conservación e á proxección dun patrimonio cultural que continúa vivo e en constante evolución.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com