A ANPA do CPI de Cervantes organiza a I Xornada de Xogos Tradicionais, unha iniciativa destinada a recuperar, promover e dar a coñecer os xogos populares entre persoas de todas as idades.
O evento ofrecerá actividades ao longo de todo o día, abertas a todos os públicos. Será unha oportunidade para compartir unha xornada de lecer e convivencia, ao mesmo tempo que se pon en valor o patrimonio cultural e as tradicións da zona.
Desde a organización animan a veciñanza e as persoas visitantes a participar nesta primeira edición e gozar dun día dedicado aos xogos tradicionais.






