Dúas persoas resultan feridas nunha saída de vía en Sober

Dúas persoas resultaron feridas este xoves nunha saída de vía rexistrada no punto quilométrico 13 da estrada provincial LU-P-5903, ao seu paso polo concello de Sober. Unha delas tivo que ser excarcerada e ambas foron trasladadas en ambulancia ao hospital de referencia.

O 112 Galicia recibiu o aviso poucos minutos despois das 12.00 horas. Unha das persoas implicadas comunicou que o vehículo, no que viaxaban varios ocupantes, saíra da calzada e quedara semienvorcado. Nun primeiro momento, os afectados non eran quen de abandonalo.

A Sala de Operacións do 112 Galicia mobilizou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Monforte de Lemos e a Garda Civil de Tráfico.

Unha vez no lugar, os bombeiros tiveron que excarcerar unha das persoas implicadas. Outro dos feridos conseguiu saír do vehículo polos seus propios medios. Os dous foron atendidos polos profesionais sanitarios e posteriormente evacuados en ambulancia.

Segundo informou o servizo de emerxencias, no accidente non houbo máis vehículos implicados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com