Cinco persoas trasladadas por un incendio nunha residencia de Monforte

Unha das persoas afectadas sufriu queimaduras e outras catro inhalaron fume. Todos os residentes tiveron que ser desaloxados durante os labores de extinción e ventilación.

Cinco persoas foron trasladadas este martes ao Hospital Público de Monforte tras declararse un incendio nunha habitación dunha residencia situada na rúa Morín, en Ribas Altas, no municipio de Monforte de Lemos.

Segundo informou o 112 Galicia, unha das persoas afectadas sufriu queimaduras, mentres que as outras catro precisaron asistencia sanitaria por inhalación de fume. O incendio obrigou tamén a desaloxar temporalmente todos os residentes durante os traballos de extinción e ventilación do edificio.

O suceso produciuse pouco despois das 8.00 horas. Un traballador do centro alertou o servizo de emerxencias de que saían lapas dunha habitación situada no primeiro andar. Os ocupantes da estancia xa foran retirados, pero necesitaban atención sanitaria.

Os bombeiros controlaron rapidamente o lume e, unha vez sufocadas as lapas, ventilaron as instalacións. As cinco persoas afectadas foron evacuadas en ambulancia ao hospital monfortino.

No operativo participaron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros, Protección Civil e axentes das policías Nacional e Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com