Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén pide.
Cando viaxo, o que non descobre polo acento as miñas orixes, e pregunta a procedencia, desde agora quizais teña que responderlle coa pregunta tópica: e por que me pregunta iso?
A última vez, a semana pasada, en Mogán, da Gran Canaria, cando dixen que era de Lugo o interlocutor vacilou, dubidou, e acabou confesando que hai unha rúa con este nome onde se concentra a prostitución, e cando un di “vou a Lugo”, vai ao que nós estamos pensando.
Pola I.A. averiguo que na Gran Canaria existe o Paseo de Lugo, ademáis dunha rúa na cidade de Telde. Profundo na consulta, e acláraseme que onde máis locales e vivendas están vinculadas coa prostitución é na rúa Molino de Viento, barrio de Los Arenales, zona históricamente coñecida como “El Lugo”. Asegúrama a confidente que “O Barrio de Lugo” é unha zona característica de las Palmas por albergar históricamente este que se cualifica de máis vello oficio do mundo.
Non pescudei máis, non fóra ser que comezaran a darme detalles innecesarios, porque co que hai que quedarse é que na Illa de Gran Canaria o nome de Lugo ten mala nota, como lle pasaba en tempos ao Barrio do Miño, o máis histórico da capital.
Cando o interlocutor me contou aquelo, non acertei máis que a balbucear que aquí en tempos houbera algo así, pero a zona estaba sendo rehabilitada na súa totalidade. Non prestou ao tema a máis mínima atención.


