O Entroido de Salcedo reclama apoio para manter unha das súas tradicións máis singulares

O Entroido de Salcedo, na Pobra do Brollón, podería recibir unha nova vía de apoio económico da Deputación de Lugo. O Grupo Provincial Popular anunciou, por boca do seu voceiro Antonio Ameijide que levará ao pleno de outubro unha proposta para que o organismo estude conceder unha axuda extraordinaria destinada a contribuír á celebración desta festa tradicional.

A iniciativa pon o foco nunha das citas máis características do calendario cultural da provincia, coñecida especialmente pola figura do Oso de Salcedo, que percorre a parroquia cada luns de Entroido acompañado polos seus criados.

A celebración inclúe tamén outras actividades organizadas pola Asociación Veciñal de Salcedo, entre elas as Madamas e Danzantes, os Disfraces de Campo, representacións teatrais e actuacións musicais.

O PP considera que a festa merece contar co apoio da Deputación e sinala que o organismo provincial leva varios anos sen colaborar economicamente coa súa organización. A formación lembra, ademais, que a propia web turística da Deputación destaca a singularidade desta manifestación do Entroido lucense.

A proposta pretende que se valore unha achega extraordinaria para contribuír á continuidade da celebración e abre a posibilidade de estudar medidas semellantes para outras festas e actividades culturais arraigadas na provincia.

A petición será sometida ao debate plenario, onde se determinará a posición dos distintos grupos políticos sobre a proposta de colaboración.

Fotografía: Os deputados Antonio Ameijide e Luis Fernández Guitián e o voceiro do PP na Pobra do Brollón, Teddy López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com