Encontro sobre os dereitos das persoas inquilinas en Lugo

A Plataforma Vivenda Xa! organiza hoxe, xoves 12 de novembro, ás 20:00 horas, na Casa da Convivencia de Fingoi, un encontro aberto ao público baixo o lema «Autodefensa inquilina: seremos unha muralla contra os abusos».

A sesión contará coa participación de Miguel Vieito, avogado especialista en dereitos do inquilino, que ofrecerá información e ferramentas prácticas para coñecer e defender os dereitos das persoas que viven de alugueiro.

Lugar: Casa da Convivencia de Fingoi.
Hora: 20:00 horas.
Organiza: Plataforma Vivenda Xa!

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com