A AD Judo Muralla, ao Campionato de España Absoluto

O Pavillón multiusos da cidade estremeña de Cáceres acollerá, o vindeiro sábado 22 de decembro, a Fase Final do Campionato de España absoluto de Judo 2018. Ante os preto de 6000 espectadores que se espera que abarroten as bancadas do pavillón, os mellores 20 judokas nacionais de cada peso loitarán por alzarse coa coroa de campión, para configurar o equipo nacional que loitará polas prazas para os próximos Xogos de Tokio 2020. O venres 21 a partir das 20.00 horas coñeceremos os sorteos dos 14 pesos que competirán ao día seguinte.

A judoka que adestra na AD Judo Muralla, Silvia Lage, viaxará a esta cita tras a súa gran actuación no Sector nacional oeste onde (-63Kg) obtivo o segundo lugar. Silvia Lage compaxina estudos universitarios cos adestramentos. Silvia Lage participa na categoría de -63 kg, un peso con moitas deportistas de gran nivel e un dos máis esixentes da competición en categoría feminina, tres das participantes posúen medallas internacionais.

Lage, que cursa o último curso de Grao en Enxeñería de Procesos Químicos Industriais no Campus Lugo, compaxina os adestramentos e as clases para poder sacar o máximo rendemento cada día en ambas as facetas, na parte académica, na que obtén unhas excelentes cualificacións e no deportivo, con medallas nacionais como as que conseguiu en anos anteriores na categoría junior e a última conseguida neste 2018 foi o ouro no Campionato España Universitario.

Ademais colabora coa formación da base da AD Judo Muralla nos diferentes centros onde imparte esta disciplina olímpica o club lucense. Todo pode pasar neste Campionato de España absoluto, o campionato máis prestixioso do panorama nacional, na que estarán presentes os mellores de España, a partir deste campionato o último do ano configúrase a selección nacional para a próxima cita olímpica.

A competición arrincará ás 8.30 horas da mañá e desenvolverase en 4 tatamis, e o bloque de finais está previsto para as 14.30 horas. Entre os preto de 300 participantes, destaca a presenza do flamante Campión do mundo e recentemente campión do Master de -90Kg, Niko Sherazadishvili.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com