" />

A alcaldesa achega posturas coa oposición para os Orzamentos 2019

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, iniciou esta semana as conversas cos grupos políticos da oposición sobre o proxecto de Orzamentos deste 2019 co fin de chegar a acordos de cara a súa aprobación en Pleno. Méndez mantivo hoxe encontros cos voceiros de LugonovoBNG, os grupos que apoiaron a súa investidura, polos que comeza a rolda de contactos como fixo nas negociacións dos presupostos dos anos anteriores.

Nos vindeiros días reunirase co resto das agrupacións. A rexedora confía en chegar a consensos sobre o documento que presentou o pasado venres, en tanto que, cun importe de 96,6M€, recolle un elevado número de propostas de consenso político e social, e incrementan o investimento en políticas sociais ata supoñer o 30% total dos orzamentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo