A ampliación do polígono empresarial do Corgo elevará a súa superficie ata os 347.000 m2

A Xunta de Galicia continúa coa tramitación da ampliación do polígono empresarial do Corgo, unha actuación que permitirá incrementar a súa superficie ata os 347.248 metros cadrados, dos que máis de 210.000 estarán destinados a solo empresarial.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, e o xerente de Xestur, Diego Toja, explicaron que o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) atópase na fase de informe previo por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, coa previsión de que sexa aprobado polo Consello da Xunta no mes de setembro.

A ampliación incorporará 203.089 metros cadrados, dos que 118.244 serán de solo para actividades económicas e industriais. A actuación responde á elevada demanda existente, xa que todas as parcelas do actual parque empresarial, que conta con 144.159 metros cadrados, están comercializadas.

Segundo o calendario previsto, tras a aprobación definitiva do PIA iniciarase o procedemento expropiatorio e avanzarase na aprobación do proxecto de urbanización, co obxectivo de licitar posteriormente as obras.

A intervención contará cun investimento superior aos 11 millóns de euros. A Xunta destaca que este proxecto busca reforzar a oferta de solo empresarial, favorecer a implantación de novas empresas e impulsar a creación de emprego na provincia de Lugo. Esta actuación súmase a outras ampliacións previstas nos parques empresariais das Gándaras (Lugo), Xove e ao desenvolvemento do polígono de Meira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com