" />

A Área de Medio Ambiente do concello tallará dez árbores en mal estado

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Lugo, xa ten os resultados do informe técnico que mandou elaborar sobre o estado de 189 árboresen determinadas zonas da cidade, no que se incluíu unha análise de riscos. No mesmo, se conclúe a necesidade de tallar dezexemplares xa que representan un problema de seguridade e non poden ser transplantadas a outras zonas verdes do municipio polo seu estado. Esta semana comezará a talla, concretamente de seis tilos situados en Ramón Ferreiro; de dous tilos en García Portela e Rodríguez Mourelo; dunha picea nas Costas do Parque de Rosalía e dunha palmeira en Frigsa.

A análise abarcou o diverso arboledo situado nas avenidas de Rodríguez Mourelo, García Portela e Ramón Ferreiro, así como nos parques de Rosalía de Castro e de Frigsa, na Milagrosa, e na rúa Cantiño Nemesio Cobreros. O concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, informou de que, “antes de tomar esta decisión, as árbores foron estudadas coidadosamente, á par que se analizaron as consecuencias que puideran ocasionar a curto prazo á cidadanía e a posibilidade de recuperalas con certos coidados, sendo os informes desfavorables para a especie e a convivencia na contorna”.

 O estudo, ademais dunha inspección visual para identificar síntomas de defectos e a vitalidade das árbores, incluíu un exame rigoroso das sospeitas segundo os seus síntomas externos,  unha caracterización do estado de conservación e unha análise de riscos. Os datos obtidos están plasmados nunha ficha individual de avaliación de cada exemplar.

 O edil avanza que “as 189 árbores destas zonas non foron seleccionadas aleatoriamente senón en función de contextos que se puideron valorar como agresivos para as especies, ou na convivencia cos veciños e veciñas de Lugo e as infraestruturas da cidade”. Neste sentido, aclara que “o Concello obtén así un instrumento útil de avaliación e planificación da xestión do arboledo público aplicando criterios obxectivos con grandes doses de ética profesional”.

 A área de Medio Ambiente, en función dos resultados do informe, proseguirá co seguimento do estado dos exemplares estudados. Concretamente, 46 árbores serán novamente analizadas. Delas, 12 en períodos de seis meses, 20 nun prazo dun ano, 11 nun prazo de dous anos e un nun prazo de tres anos”. Concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo