" />

A asociación ACADAR promoveu o emprego de 57 mulleres con discapacidade en 2020

A Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (ACADAR) redobrou os seus esforzos dende o inicio da pandemia da COVID-19 para continuar loitando contra os factores de discriminación interseccional que afectan ás mulleres con discapacidade a través do ‘Programa de Empoderamento e Activación para o Emprego’, no que participaron 57 mulleres deste grupo social procedentes de Galicia, ao longo do ano 2020.

Este programa da Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica (COCEMFE) promóvese en colaboración co programa Incorpora da Fundación ”la Caixa” e desenvólvese en Galicia por ACADAR, como entidade membro de COCEMFE. Adaptado á situación da pandemia, o programa seguiu prestando apoio telemático e presencial, co obxectivo de contribuír ao empoderamento das mulleres con discapacidade como proceso que fomenta a súa autonomía social e económica e que serve como motor para a activación para o emprego naquelas mulleres en desemprego de longa duración e/ou en situación de maior vulnerabilidade.

Para iso, fíxose fincapé en dar resposta ás necesidades das mulleres con discapacidade atendidas, a través de accións como o reforzo dos recursos tecnolóxicos do persoal técnico e a implantación de medidas extraordinarias para a adaptación dos servizos, garantindo a seguridade e a atención e posibilitando a atención presencial.

En detalle, o ano pasado dedicáronse 225 horas á atención individual, conseguiuse a inclusión laboral de 9 mulleres con discapacidade e impartíronse 74 horas de sesións grupais en empoderamento, habilidades prelaborais e alfabetización tecnolóxica. Así mesmo, adoptáronse medidas dirixidas a facer fronte ao incremento da fenda dixital nas mulleres participantes no programa, tras constatar que máis do 38% das mesmas vira limitado en maior medida o acceso e o uso de recursos tecnolóxicos nesta situación de pandemia, afectándolles, sobre todo, a circunstancia como a participación en actividades online.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo