A Audiencia Provincial arquiva a disolución de Suplusa

A Audiencia Provincial de Lugo dictou, no día de onte, un auto polo que considera que os trámites iniciados polo Goberno Provincial para proceder á disolución de Suplusa, non son os adecuados polo que tomou a decisión de arquivar o procedemento. Neste eido falou esta mañá o presidente da Sociedade Urbanística, Manuel Martínez, quen asegurou que o Executivo Provincial aínda conta coa posibilidade de recorrer esta sentenza. Asemade, asegurou que Suplusa tamén a recorrerá por un defecto procedimental.

O grupo de Goberno provincial interpuxo a denuncia contra Suplusa e a maioría dos membros do Consello da entidade ao considerar que estaban a incurrir na legalidade logo de que, en marzo de 2018, a Xunta de Goberno da Deputación retirara a condición de medio propio a Suplusa. Esta decisión do goberno de Darío Campos impide á Sociedade, cumprir o seu fin esencial, establecido polos Estatutos da entidade.

A través da demanda, o Grupo de Goberno solicitaba un xuízo ordinario para que se declarara e acordara a causa legal de disolución da entidade Suplusa, abrir a fase de liquidación e o cese do Consello de Administración e que se condenara aos deputados e membros do Consello, Manuel Martínez, Elena Candia, Jesús Carreira, José Antonio García e José Ucha a responder solidariamente co patrimonio persoal de todas as actuacións realizadas pola entidade dende marzo de 2018, cando se lle retirou a condición de medio propio.

“Mentres eles dilapidan recursos, nós seguimos traballando”

Neste senso, a voceira provincial do PP, Elena Candia, tamén declarou hoxe ante os medios acerca do auto exposto onte. Candia reiterou as palabras de Martínez sobre que “todas as actuacións feitas dende Suplusa contaban cos informes favorables” e que foron legais e pediu ao executivo de Campos Conde que “deixe de xudicializar” os actos de Suplusa. “O auto confirma que esta actuación non é por paralizar ningunha actuación incorrecta, senón que usan unha vez máis as institucións ou queren trasladar os graves problemas de entendemento que teñen con un dos deputados que ademais preside a sociedade porque eles mesmo o votaron a favor”.

“Como Grupo pedimos que deixen de xudicializar cando os actos teñen todos os informes favorables, que nos deixen traballar. Mentres eles están dilapidando recursos e tempo en intentar torpedear que funcionen as institucións, nós seguimos traballando. Nós seguimos tendo que asumir a parte institucional e o esforzo para que as institucións sigan funcionando a pesar dos seus enfrontamentos e intentos de bloqueo que só prexudican á provincia e aos proxectos que tiñan uns e outros”, sentenciou Elena Candia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo