" />

A Casa das Letras de Ribadeo acollerá unha palestra para analizar a crise agraria e do mundo rural

O Sindicato Labrego Galego levará a súa campaña O rural galego sobre a mesa ata a vila de Ribadeo cunha palestra na que participarán labregos e labregas da comarca para falar, analizar e debater ao redor da crise do mundo rural e dos diversos sectores agrogandeiros, tanto na Mariña como a nivel galego, e das mobilizacións que se están a vivir no campo en todo o Estado.

Esta acción terá lugar na Casa das Letras de Ribadeo, o vindeiro xoves, 12 de marzo, e nela participarán a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e profesionais de diversos sectores como o lácteo, o hortícola ou o vacún de carne. Previamente, o día anterior -11 de marzo- realizarase un reparto de información sobre a campaña “O rural galego sobre a mesa” no mercado local de Ribadeo.

Coa campaña “O rural galego sobre a mesa”, o SLG pretende chamar a atención sobre a necesidade de poñer en marcha políticas dende todas as administracións dirixidas a dignificar a profesión labrega e a vida no campo. Neste marco, estanse realizando accións por toda a xeografía galega, nas comarcas rurais, que culminarán o 17 de marzo cunha manifestación en Compostela consistente en rodear a Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo