A CIG convoca unha concentración para mañá en defensa do sistema público de pensións

A CIG ten convocadas asembleas de delegadas e delegados en todas as comarcas para mañá mércores, día 16 de xaneiro e posteriores concentracións en defensa do sistema público de pensións. A central sindical ten convocada ademais unha manifestación nacional para o vindeiro día 26 de xaneiro en Compostela, con saída ás 12:00 horas da Alameda, baixo o lema Por unhas pensións públicas, dignas e garantidas!. En Lugo a concentración terá lugar dende ás 12.30 horas diante da Subdelegación de Goberno.

Nas asembleas está previsto que as delegadas e delegados da CIG debatan sobre a situación na que se atopa o sistema público de pensións; as razóns polas que son as segundas máis baixas do Estado; que pensións teremos no futuro con menos anos cotizados e contratos temporais e parciais; por que as pensións das mulleres son máis baixas que a media; a discriminación  na xubilación parcial e sobre a necesidade de mobilizarse o vindeiro día 26 de xaneiro, para recuperar os nosos dereitos e de facer un chamamento nos centros de traballo ás compañeiras e compañeiros para que participen, porque a demanda do emprego, dos salarios e dunhas pensións dignas é cousa de todas e todos.

Ademais, nas asembleas debaterase tamén arredor da folga de mulleres de 24 horas que a CIG convoca para o vindeiro día 8 de marzo e das mobilizacións previstas para o día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo