" />

A contratación a ampliación dos parques infantís de Campo Castelo e Albeiros

O Concello vén de sacar a contratación a ampliación dos parques infantís da praza de Campo Castelo e de Albeiros, cun investimento total de 114.000 euros. De feito, esta mañá publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público o anuncio de licitación, por un período de 15 días naturais, finalizando o prazo de presentación de ofertas o 8 de novembro, estando prevista a súa apertura o 9 de novembro.

No caso de Campo Castelo, o proxecto consiste na creación dun novo parque infantil específico para nenos e nenas de ata 3 anos xunto ao actual espazo de xogos. Terá unhas dimensións de 5,3 por 10 metros, e incluirá diversos elementos de xogos infantís, como saltadores, balancín, un castelo con tobogán e unha casiña. O orzamento é de 25.000€ e o prazo de execución de 30 días.

En Albeiros ampliarase a zona de xogos existente, tanto na parte para nenos de 0 a 3, como na destinada aos de maior idade. Incluiranse xogos como un circuíto de habilidades, columpios, carrusel xiratorio inclusivo, casiña de xogos con paneis didácticos, entre outros. Neste caso, procederase a maiores á mellora  do espazo de lecer existente, coa reparación do pavimento e do céspede artificial, a colocación dunha valla de madeira e o acondicionamento e repintado dos propios xogos. O presuposto ascende a 89.000€ e o prazo de execución a 60 días.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo