A delegación da Xunta acollerá este venres un concerto solidario a favor da asociación “Capaces”

A Xunta de Galicia celebrará este venres, 27 de marzo, un concerto solidario na súa Delegación Territorial en Lugo a favor da asociación Capaces Lugo, entidade que traballa na defensa dos dereitos das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

O evento contará coa actuación da Tuna de Agrícolas de Madrid e da Asociación de Antigos Tunos de Lugo. Segundo explicaron o delegado territorial, Javier Arias, e a presidenta do colectivo, Noelia Fernández, o concerto comezará ás 20.00 horas no salón de actos do edificio administrativo.

A entidade Capaces Lugo centra o seu labor na mellora da calidade de vida das persoas con TEA e outros trastornos da comunicación, así como das súas familias, promovendo apoios, recursos e oportunidades que favorezan a súa autonomía persoal e a súa inclusión social, educativa e laboral.

Pola súa banda, Arias destacou a colaboración da Xunta coa Federación Autismo Galicia no impulso de iniciativas orientadas á sensibilización social e á mellora da atención ás persoas con trastorno do espectro autista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com