Presentado en Vilalba o libro Lois Peña, 55 anos despois

En Vilalba vense de presentar o libro Lois Peña Novo, 55 anos despois, publicado polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia e o Concello vilalbés. Na presentación tomaron parte a Alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro; o Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García; o especialista en Peña Novo, Manuel Roca; o historiador Xosé Antón Pombo e o xornalista vilalbés, Presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

O libro publícase aos cincuenta e cinco do pasamento do avogado vilalbés, o 24 de xullo de 1967, cando acudía a Vilalba á inauguración do Parador de Turismo, sufrindo en Robra, na Nacional VI un accidente mortal no que foron víctimas o avogado e político, a súa dona Ermitas Verdes, e un matrimonio amigo. Xorde a idea do libro por descubrirse en Lugo dous manuscritos de Peña Novo de cadansúa conferencia o ano 1917.
Os manuscritos son analizados por Manuel Roca; Pombo Mosquera sitúa a Peña Novo na Vilalba do seu tempo, e incorpórase unha biografía do persoeiro lembrado escrita polo vilalbés Bernardo García Cendán.

Xulio Xiz recolle documentalmente a expulsión de Peña Novo da secretaría do concello de Lugo en agosto de 1936, e o longo proceso seguido para a súa rehabilitación moral (1993-2003), chegando a que Peña Novo teña en Lugo a rúa situada á beira do edificio do antigo Goberno Civil (hoxe, Delegación do Goberno), organismo do que nos anos cincuenta do pasado século Peña Novo intentou infructuosamente ser reposto no escalafón de Secretarios de Administración Local, do que fora borrado.
Complétase o libro con cadanseu traballo de Alfonso Blanco Torrado, sobre o papel deste avogado na sociedade da Chaira; de Xosé González, Presidente da Fundación Peña Novo, e de Xosé de Cora (Album de los Lucenses), resumindo vida e obra deste especial vilalbés, destacado político hasta 1936, represaliado daquela e que vivíu en silencio -traballando como destacado avogado que era – o resto da súa vida activa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com