O filme “Segredos dun escándalo” a partir de hoxe nos Codex Cinema

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema o filme “Segredos dun escándalo”, dirixida por Todd Haynes e cun reparto de luxo coa actrices Natalie Portman e Julianne Moore, é unha parábola culta, desangrada e confusa (no mellor dos sentidos) sobre a manipulación, a pegada do maltrato infantil e a mentira cruel do amor romántico. Un filme tenso, divertido e profundamente triste.

Sinopse:  vinte anos despois de que o mediático romance entre Gracie Atherton-Yu e o seu mozo marido Joe escandalizase ao país, cos seus fillos a punto de graduarse no instituto, vaise rodar unha película sobre a súa historia. A actriz Elizabeth Berry pasará un tempo coa familia para intentar entender mellor a Gracie, a quen vai interpretar, provocando que a dinámica familiar se desfaga baixo a presión da mirada externa.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com