" />

A Delegación do Goberno permite que o límite de 5.000 habitantes para as saídas se decida en función dos núcleos de poboación

A Delegación do Goberno da finalmente a razón á Xunta e permite agora que a limitación por franxas horarias das saídas da poboación se fixe en función do número de habitantes dos núcleos de poboación. Polo tanto, a partir de hoxe será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos de menos de 5.000 habitantes, non só os que habitan en concellos de menos de 5.000 habitantes. Isto suporá que os galegos e galegas con liberdade horaria nas súas saídas pasarán de ser o 15% do poboación a aproximadamente o 50%. A Xunta xa comunicou esta decisión á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para que a traslade aos concellos.
A Administración autonómica dirixiuse xa o sábado pasado á Delegación de Goberno para solicitar que se computase por núcleos de poboación e non por concellos, unha petición que foi respondida en sentido negativo e así ata en tres ocasións nas que a Xunta solicitou que que se permitise fixar as limitacións en función da poboación dos núcleos.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Eva Casariego García
    Mai 08, 2020 - 11:38 AM

    Que non den as grazas á Xunta senón ó representante do BNG no Congreso de Deputados en Madrid, que foi quen o pediu

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo