A Deputación abre mañá o prazo de inscripción para o Lugo Termal

A Deputación de Lugo abre mañá o prazo de solicitudes para as máis de 1.350 prazas de Lugo Termal. O programa de termalismo desenvolverase este ano en tres establecementos participantes (o Balneario e Termas de Lugo, o Hotel Balneario Río Pambre de Palas de Rei e o Hotel Balneario de Augas Santas de Pantón) e está dirixido aos maiores de 55 anos que estean empadroados na provincia. A solicitude poderá realizarse tamén, a partir da medianoite, a través da páxina web da Deputación de Lugo, www.deputacionlugo.gal.

Lugo Termal, co que dende hai xa oito anos a Deputación provincial favorece o benestar social e impulsa o turismo, ofrece 1.350 prazas (1.113 con estancia e 238 sen estancia) con descontos de máis de 60 euros para recibir terapias mineromedicinais, ata xuño do 2020. Realizarase aos usuarios e usuarias un control médico, recoñecemento previo a aplicación das técnicas termais, así como, seguimento e un informe médico final a petición do usuario.

Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terá a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non tendo máis de 55 anos. Outra das características diferenciais do programa de termalismo provincial é que permite o acompañamento de persoas con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, garantindo o seu acceso e goce dos tratamentos termais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com