A Deputación aproba os convenios das residencias de Pedrafita, Ribadeo e Ribas de Sil

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou da aprobación na Xunta de Goberno Extraordinaria deste venres dos convenios de cooperación entre a Deputación e os Concellos de Pedrafita do Cebreiro, Ribadeo e Ribas de Sil para a prestación pública de servizos sociais nos centros da terceira idade destes municipios. Os convenios garanten aos lucenses o acceso universal ás 107 prazas de residencia e 31 de centro de día destas dotacións.

Para o cumprimento deste fin, a Deputación comprométese cun investimento de case 3,5 millóns de euros en catro anos. É o orzamento que tería que destinar para financiar o 100% das prazas a maiores da provincia con dificultades económicas durante dito período. Son 345.000 euros para o centro de Ribadeo, 288.000 para o de Pedrafita do Cebreiro e 248.000 euros para Ribas de Sil. Deste xeito, son un total de 881.000 euros ao ano para estes 3 centros que en 4 anos, suman os 3,5 millóns.

Os convenios garanten prazas para lucenses e o seu acceso universal ás mesmas, con independencia da distinta situación económica de cada un dos maiores da provincia. Deste xeito, establecen que as prazas sexan en primeiro lugar para veciños do municipio onde se sitúa o centro, logo para os da bisbarra ou comarca e seguidamente para lucenses en xeral. A Deputación achega ata 600 euros/mes por praza de residencia e 300 euros/mes/xornada
completa por praza de centro de día.

De non seren suficientes estas cantidades, o organismo provincial tamén asume o déficit existente ao seren centros de Concellos de menos de 5.000 habitantes e, polo tanto, con menos recursos económicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com