A Deputación arranxa estradas provinciais en Outeiro de Rei e Friol

O Presidente da Deputación e responsable da área de Xestión Territorial , José Tomé, informou de que a Deputación está a realizar obras de acondicionamento e mellora en máis de 8 quilómetros de estradas provinciais de Outeiro de Rei e Friol.

 A institución provincial inviste preto de 360.000€ na realización nos traballos en ambas as dúas estradas. As accións a realizar serán: reapertura e limpeza de cunetas, rehabilitación do firme con aglomerado en quente e renovación da sinalización horizontal, actuacións que mellorarán a seguridade vial e a comodidade para os condutores.

En canto ao cinto comarcal de Friol, a LU-P-1611, o novo pavimento empezará a estenderse este vindeiro mércores día dous.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. José Manuel González Díaz
    Set 30, 2019 - 09:28 PM

    Veña dar una volta por Cervo, quedará encantado, pero teña cuidado pode perderse. Ainda non limparon as corredoiras da Deputación, e xa estamos no outono.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com