" />

A Deputación asina os convenios cos que o goberno provincial financia o 100% da teleasistencia nos concellos

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, asinou hoxe os convenios cos que a administración provincial pasa a financiar o 100% dos custes do servizo de teleasistencia domiciliaria en 66 concellos da provincia, cunha achega total de 335.880 euros.

O servizo de teleasistencia, que incrementa a protección das persoas maiores as 24 horas dos 365 días do ano grazas a instalación de dispositivos de conectividade e seguridade, está a beneficiar na provincia de Lugo a unhas 1.000 persoas maiores, ao permitirlles comunicar con rapidez calquera situación de risco ou emerxencia.

Durante o acto, no que participou a deputada de Benestar, Mari Teijeiro, así como rexedores dos concellos da provincia, Elena Candia destacou que “esta é unha clara aposta que facemos porque o noso desexo é que os nosos maiores poidan vivir con todas as garantías, o maior tempo posible e nas mellores condicións nos seus propios fogares”.

O goberno popular afirmou que esta medida tamén beneficia aos propios concellos, “xa que lles supón un importante aforro tendo en conta que ata o de agora estaban a financiar o 50% dos custes que agora asume a entidade provincial.

A deputada de Benestar, Mari Teijeiro, fixo fincapé na necesidade de revisar e adaptar a ordenanza que regula a prestación do servizo de teleasistencia, que data de decembro de 2006, para o cal “é fundamental ter en conta aos técnicos dos concellos”, para ter unha visión das necesidades reais dos usuarios e determinar cal sería a fórmula máis “axeitada e operativa”.

Estes 1.000 maiores lucenses que están a beneficiarse dun servizo básico no apoio domiciliario, pasan a sumarse aos beneficiarios doutra das medidas que o goberno da Deputación vén de poñer en marcha: o aumento nos fondos destinados ao Servizo de Asistencia no Fogar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo