A Deputación comeza a impartir cursos de formación ao seu persoal no manexo de desfibriladores

A Deputación de Lugo impartirá dende hoxe e ata o vindeiro 21 de abril cursos formativos e de reciclaxe no manexo de desfibriladores dirixidos ao seu persoal. Os cursos levaranse a cabo no centro de prevención de riscos laborais Cualtis de Lugo, cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias. Nestas accións formativas participarán preto de 100 traballadores e traballadoras provinciais, divididos en grupos de oito persoas, que coñecerán as claves básicas para poder utilizar os desfibriladores semiautomáticos (DESA) que están instalados nas dependencias da institución e tamén as técnicas de Reanimación Cardiopulmonar (RCP).

Estes traballadores e traballadoras obterán a formación precisa para poder atender a calquera persoa ante unha situación de emerxencia e tratar de reducir ao máximo posible o tempo de reposta ante unha parada respiratoria, empregando os aparatos desfibriladores colocados en todos os centros dependentes da institución provincial.

Levaranse a cabo un total de 12 cursos diferenciados en 6 edicións de cursos iniciais  de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) e desfibrilación externa semiautomática, e outras 6 edicións de reciclaxe para o persoal que xa se formou fai dous anos.

A formación inicial vai dirixida principalmente ao persoal de recente incorporación que non tiña estes coñecementos e que traballa nos Centros de Atención a Maiores (en Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde), no Servizo de Audiovisuais, naGranxa Gayoso Castro, na Rede Museística Provincial, no Servizo de Mantemento, de  Recadación,de Persoal, de Arquivo e  no Pazo Provincial.

A formación de reciclaxe  ten como destinatarios ao persoal dos distintos servizos que xa recibironesa formación inicial en 2018, cando se iniciou a preparación e as primeiras instalacións. Considérase relevante que lembren como é o seu manexo ao tratarse dunha actividade que non se adoita poñer en práctica no día a día.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com