" />

A Deputación de Lugo organiza novas actividades divulgativas en torno á Reserva dos Ancares Lucenses

A Deputación de Lugo organizou unha nova programación de actividades de divulgación e educación ambiental sobre a Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, Montes de Cervantes, Navia de Suarna e Becerreá, un territorio xestionado pola propia institución provincial.

As xornadas, que arrancan este xoves, levaranse a cabo durante as últimas semanas dos meses de marzo e abril en distintos puntos dos concellos que conforman a Reserva –Cervantes, Navia e Becerreá-, sempre respectando as limitacións de aforo segundo as restricións marcadas polas autoridades sanitarias en cada momento.

Todas aquelas persoas interesadas en anotarse para participar nalgunha das actividades poderán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou inscricions.deputacionlugo.org; e tamén a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org. Para obter máis información poden chamar ao teléfono 982.30.59.30. As inscricións faranse por rigorosa orde de reserva, e ata completar o aforo permitido en cada instalación segundo permitan as autoridades sanitarias.

O programa está dirixido a todos os públicos e inclúe obradoiros de cociña creativa e vimbio, contos, xogos e cursos de poda e de primeiros auxilios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo