" />

A Deputación esixe que a Xunta garanta o futuro dos hospitais comarcais

A Deputación de Lugo esixe que a Xunta de Galicia garanta o futuro dos hospitais comarcais na provincia. Logo do peche do paridorio de Verín, levado a cabo polo Goberno autonómico, a institución provincial quere blindar os centros sanitarios de Burela e Monforte de Lemos para que non tomen un rumbo semellante. A moción presentada polo PSdeG contou cos votos a favor do BNG.

“Queremos darlle traslado á Xunta deste asunto para ter coñecemento sobre o mesmo e saber se van aplicar o mesmo modelo para os nosos hospitais comarcais”, explicou a voceira provincial socialista, Pilar García Porto. “Vostedes tomaron unha decisión política e rectifican pola mobilización popular. Están nunha tesitura difícil porque se aproximan eleccións autonómicas”, reprochou Porto. Engadiu a voceira socialista que primeiro a Xunta infradotou o servizo, logo derivou aos doentes con risco a outros centros e logo xustificou o seu peche polo descenso de partos. Algo que García Porto cualificou de “espiral perversa” do Partido Popular.

A Deputada criticou tamén a fórmula do “consentimento informado” que teñen que asinar as futuras nais en Verín, “unha especie de ameaza da Xunta, porque queren que collamos medo para baleirar os hospitais comarcais”. Por outra banda, a Deputación de Lugo tamén sacou adiante un decálogo de medidas en defensa da sanidade pública. O PSdeG e o BNG votaron a favor de frear o deterioro que sofre o sistema sanitario galego provocado polos recortes do PP.

A voceira do grupo socialista asegurou que “a política sanitaria da Xunta baséase nos recortes de recursos e orzamento, nas desigualdades asistenciais segundo onde se resida, no desmantelamento de hospitais comarcais, no abandono dos centros de atención primaria, na ocultación e manipulación das listas de espera, na precarización e explotación do persoal, recorte de camas hospitalarias, privatización e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados ou a desatención clamorosa da saúde mental e das mulleres”.

García Porto afirmou que as políticas do Partido Popular na Xunta de Galicia levan á sanidade pública a un punto de difícil retorno e que paralas é obrigación de todos e todas.  Entre os acordos adoptados polo Pleno da Deputación de Lugo están o de apoiar a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o vindeiro día 9 de febreiro en Compostela; esixir o cese da política de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais das Áreas Sanitarias da provincia; revisar os concertos cos hospitais e clínicas privadas e eliminar aqueles que non sexan necesarios, tal como dispón a Lei Xeral de Sanidade, ou reducir as listas de espera e tempos de demora das consultas de atención hospitalaria, probas diagnósticas, cirurxía e procedementos terapéuticos.

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Maria Jesus Castro Rodriguez
    Xan 29, 2020 - 09:33 AM

    hay que seguir defendiendo nuestros hospitales comarcales donde falta personal y especialistas

    Reply
  2. Avatar
    Oscar Poy
    Xan 28, 2020 - 11:13 PM

    Leva a oposición anunciando o peche dos hospitais comarcais de Lugo dende o Primeiro día de Feijoo coma presidente da Xunta

    Pode que vaia sendo hora de que deixen o discurso apocalíptico

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo