" />

A Deputación impulsa o turismo na Mariña coa promoción de 72 puntos de interese

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde e o Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano García, presentaron hoxe no Salón de Plenos do Concello de Burela á revista turística +QueAMariña, editada pola Mancomunidade, coa que se promocionan 72 puntos de interese turístico dos 16 Concellos da Comarca. Concretamente son enclaves, nos que se inclúen museos, praias, covas, rutas ou citas emblemáticas.

Desta edición, publicaranse un total de 10.000 exemplares, dos cales a Deputación de Lugo disporá de 1.500 para distribuír en establecementos turísticos, axencias, e que se presentarán en feiras e citas especializadas do sector. Darío Campos avanzou que o Goberno da Deputación “é o principal impulsor desta iniciativa cun investimento de 15.000 euros, dentro da nosa aposta polo turismo como dinamizador da vida e da economía, como así recolle o Plan Estratéxico de Turismo, co que buscamos impulsar o crecemento e a transformación do sector na provincia, na  procura dun modelo máis competitivo e rendible”.

O Presidente lembrou ademais que “no pasado mes maio presentamos, tamén en colaboración coa Mancomunidade, as primeiras audioguias teatralizadas dos Concellos de Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro, que supuxeron un investimento de 25.000 euros. E só na pasada anualidade o Goberno da Deputación impulsou con máis 115.000 euros 19 citas turísticas en Concellos. E facémolo porque, aínda que non temos as competencias directas no eido turístico, apostamos polo mesmo e cremos nas súas potencialidades”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo