A Deputación mantén activado o dispositivo de inverno fronte as nevaradas

O Goberno da Deputación mantén despregado, no día de hoxe, o dispositivo de inverno para acondicionar as estradas da provincia por mor da neve e o xeo. Deste xeito, estase a traballar en 10 Concellos da Montaña e Sur da provincia. Para facer fronte a esta situación, estanse a empregar fundentes para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e garantir así a seguridade dos usuarios das vías.

O Executivo Provincial está a actuar nas estradas dos seguintes 10 municipios, nas que se transita con dificultade polas nevadas acontecidas nas últimas horas, con espesores duns 5 centímetros, e as placas de xeo acumuladas.

Arestora non hai ningunha estrada pechada ao tráfico; con todo, recoméndase circular con extrema precaución nas estradas provinciais de Cervantes (LU-P- 1401, LU-P- 1404, LU-P- 1405, LU-P- 1411, LU-P- 1412 e LU-P-0702), Folgoso do Courel (LU-P-1303, LU-P-4505, LU-P-5004 , LU-P-1301 e LU-P-1303), A Fonsagrada (LU-P-3601, LU-P-1906, LU-P-3601, LU-P-1901, LU-P-4606 e LU-P-4811), Navia de Suarna (LU-P-3501, LU-P-3502, LU-P-3508, LU-P-3505 e LU-P-3509), Negueira de Muñiz (LU-P-3601 e LU-P-3602), Pedrafita do Cebreiro (LU-P-4504, LU-P-4503 e LU-P- 4505), As Nogais (LU-P-3701, LU-P-4503, LU-P-0707 e LU-P-3702), Quiroga (LU-P-5001, LU-P-5004, LU-P-5002 e LU-P-5005), Ribas de Sil (LU-P-5301), Samos (LU-P-5603, LU-P-5601, LU- P-5605,LU-P-1306, LU-P-2503, LU-P-2507, LU- P-5602 e LU-P-5604).

Cómpre resaltar que o Executivo Provincial ofrece asistencia viaria municipal a todos os Concellos da provincia que o soliciten. Faino de xeito totalmente gratuíto. Trátase dunha prestación que non ofrecen o resto de administracións, que é moi necesaria para as entidades locais, debido á súa falta de medios.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com