A Deputación mellora con 40.000 euros os accesos de Freixedo en Cervantes

O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo e o Alcalde de Cervantes, Benigno Gomez Tadín, supervisaron as melloras executadas polo Goberno Provincial na parroquia de Freixedo, e que supuxeron un investimento de preto de 40.000 euros. Con cargo a este orzamento, o Concello de Cervantes, tamén está realizando un Inventario de camiños municipais, un documento fundamental para que os veciños poidan realizar xestións administrativas sobre as súas propiedades, ben sexan casas ou terreos.

Fernández Queipo explicou que “as obras na parroquia de Freixedo, concretamente nos núcleos de Noceda e Cerexeido nas que viven 30 veciños, consistiron no acondicionamento de camiños e accesos municipais con placas de formigón, así como a limpeza viaria de vexetación en todos os puntos deste vial”.

O Vicepresidente sinalou que “con estes fondos, os veciños de Cervantes poderán desfrutar dun Inventario de camiños municipais, un documento fundamental, co que este municipio non conta, para a realización de trámites con todas as administración ou a axilización dos mesmos”. Este documento recollerá o conxunto de múltiples camiños que se distribúen nos 277 quilómetros cadrados do Concello de Cervantes, nos que ademais hai 135 núcleos de poboación moi dispersos xeograficamente.

Gómez Tadin agradeceu a colaboración da Deputación cos cervantegos. “O Goberno da Deputación sempre responde ás nosas necesidades, esta obra na parroquia de Freixedo é unha clara mostra deste compromiso, así como na contratación do Inventario de Camiños Municipais, dúas iniciativas fundamentais para todos os veciños de Cervantes”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo