" />

A Deputación ofrece asistencia técnica aos concellos para celebrar Plenos de maneira telemática 

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, anuncia que a institución provincial ofrece aos 67 concellos da provincia asistencia técnica, asesoramento e colaboración para que poidan celebrar plenos, xuntas de goberno e órganos colexiados en xeral de maneira telemática. José Tomé enviará unha comunicación aos concellos para explicarlles que pon á súa disposición este novo servizo gratuíto de cooperación cos concellos baixo demanda a través do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación.

Logo do bo desenvolvemento do primeiro pleno vía telemática que se celebrou na historia da Deputación de Lugo o pasado xoves, a institución provincial ofrece o mesmo protocolo de desenvolvemento operado polo servizo de Novas Tecnoloxías. Funciona a través dunha aplicación de videoconferencias na rede que permite conexións entre todo tipo de dispositivos (ordenadores de sobremesa e portátiles, teléfonos móbiles ou táblets). Trátase dunha ferramenta doada de usar e intuitiva. 

O servizo de Novas Tecnoloxías estudará a particularidade de cada consistorio solicitante e recomendaralle a solución tecnolóxica máis acorde coas súas características e medios dispoñibles. Ofértanse varias opcións de colaboración, dende só asesoramento ata facer un seguimento de toda a sesión e a retransmisión por streaming a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. O soporte técnico ofrecido pola Deputación permite ós concellos que poidan continuar celebrando, de maneira segura e eficaz, todas aquelas sesións de organos colexiados que resultan importantes ou mesmo imprescindibles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo