A Deputación ofrece ata final de ano 15 novas actividades de educación ambiental gratuítas con 390 prazas

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo Magadalena, presentou este venres no Centro de Interpretación Terras do Miño a programación de actividades de educación ambiental que desenvolverá a Deputación durante o último trimestre do ano para difundir as reservas da biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses, e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. Entre os meses de outubro e decembro, o Centro de Interpretación Terras do Miño e os concellos de Cervantes, Becerreá e Navia de Suarna acollerán 15 actividades gratuítas con 390 prazas, entre elas, xornadas sobre o cambio climático, o coidado das plantas, a poda, compostaxe e cociña creativa, ademais de obradoiros de Nadal.

O prazo de inscrición estará aberto a partir das 12:00 horas do vindeiro luns, 30 de setembro. A programación está dividida en varios grupos segundo as distintas idades dos participantes: actividades para familias, para o público infantil e para adultos.

As persoas interesadas en participar nalgunha das actividades programadas deberán reservar a súa praza na páxina web www.deputacionlugo.gal ou en http://cursos.deputacionlugo.org/terrasmino_rato/; a través do correo electrónico und.medioambiente@deputacion.org e poden tamén chamar ao teléfono 982.227.813 para obter máis información. As inscricións faranse por rigorosa orde de solicitude, ata cubrir as prazas ofertadas.

Centro de interpretación na rúa

O Deputado recordou que tamén continua aberto o prazo para que os colexios da provincia soliciten visitas e actividades organizadas especialmente para escolares no Centro de Interpretación Terras do Miño e para O Centro de Interpretación na Rúa, o programa no que os profesionais imparten os obradoiros nos propios centros educativos. Se os centro están interesados, pode solicitalo no 982.227.813 ou en und.medioambiente@deputacionlugo.org.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com