" />

A Deputación pide á Xunta que os 75 parques eólicos previstos xeren un retorno económico

O Goberno provincial sacou adiante no pleno provincial unha moción en demanda dun plan que garanta o retorno socioecomico e o respecto aos valores medioambientais dos parques eólicos, entre eles, os máis de 75 parques eólicos en tramitación, en solicitude ou previstos nas comarcas de Lugo, especialmente na franxa litoral e na montaña lucense.

A proposta, que se aprobou cos votos de nacionalista e socialistas, demanda á Xunta de Galicia a aprobación “dun novo plan sectorial eólico que conte cunha ampla participación dos axentes implicados e que harmonice os obxectivos e intereses económicos , sociais e medioambientais, reducindo ao mínimo os procesos expropiatorios”.

O voceiro nacionalista explicou que “co marco actual, a Mariña interior e a montaña estarán hinzadas de parques eólicos, sen ningún tipo de retorno para o territorio, nin se crean posto de traballo, nin conseguimos beneficios por producir enerxía eléctrica, ao contrario, pagamos a máis cara do Estado”, indicou en relación co “plan kamikaze” da Xunta de Galicia que “viste de traxe verde un modelo de arrase dos recursos propios”

O deputado defendeu un desenvolvemento da enerxía eólica responsable e planificado, que xenere contraprestacións sociais e económicas para a veciñanza” e puxo como exemplo o plan impulsado polo BNG desde a Xunta de Galicia, refrendado pola xustiza tras a derrogación por parte do Partido Popular.

A proposta tamén demanda ao goberno central que desbote a elaboración do documento de determinación do alcance do estudo de impacto ambiental dos tres macroproxectos de Reobrdechao, Prada e Barxas, promovidos pola norueguesa Statkraft, na franxa entre Galiza e O Bierzo, polos graves prexuízos ambientais, económicos e sociais que tería sobre o territorio.

O BNG logra implicar a Xunta na defensa do toponónimo “Ría de Ribadeo”

O pleno aprobou por unamidade unha moción promovida polo BNG en defensa do topónimo “Ría de Ribadeo” ante o procedemento iniciado polo goberno do Estado para modificar a nomenclatura oficial do estuario do Eo.

A moción, presentada como proposta de goberno, inclúe a presentación de alegacións por parte da Deputación de Lugo e tamén insta á Xunta de Galiza a tomar parte no procedemento.

A deputada Mónica Freire, que expuxo no pleno as razóns históricas e sociolinguisticas que avalan o uso de “Ría de Ribadeo” como único topónimo oficial, mostrou a súa satisfacción porque “a posición defendida polo Bng no concello de Ribadeo, no pleno provincial e tamén no parlamento sexa atendida” despois de que o Partido Popular anunciase no debate que a Xunta de Galiza tomará parte no procedemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo