A Deputación pon en marcha o plan de rozas da rede viaria provincial

O Goberno da Deputación xa ten en marcha o Plan de rozas  de estradas da rede viaria provincial que, con 4.200 quilómetros, é a máis extensa de España. Trátase dunha programación que se desenvolverá durante os anos 2019 e 2020 e que conta cun orzamento de case 2,5 millóns de euros. Este mesmo venres, a Xunta de Goberno da Deputación adxudicou os traballos de rozas en 17 dos 67 municipios: Burela, Cervo, Foz, O Valadouro e Alfoz, Castro de Rei, Pol, Meira, Lugo, Guntín, Friol, O Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao. Os traballos comezarán nos vindeiros días.

Cómpre lembrar que coa execución destes traballos, que se adxudican a autónomos e pequenas empresas, case todas da provincia de Lugo, o Goberno Provincial cumpre cun obxectivo de poñer a punto para o verán as nosas estradas. Son “traballos moi necesarios porque grazas a eles mellórase a seguridade dos condutores que circulan polas estradas, ao facilitar a visibilidade na rede viaria e reducir o risco de avance das lapas no caso de producirse un incendio forestal, ao tempo que se xeran e manteñen postos traballo do que se benefician moitos autónomos e pequenos empresarios da provincia”.

Nas vindeiras semanas, iranse adxudicando o resto de municipios co fin de poder iniciar os traballos de xeito inminente, pois son actuacións moi necesarias tanto para a seguridade dos condutores como para previr incendios.

 

Novas relacionadas

  1. Avatar
    Ñita Rumaluca
    Xul 07, 2019 - 12:38 PM

    a ser posible que señalicen por onde andan que o dia menos pensado…..

    Reply
  2. Avatar
    Ramona Vazquez
    Xul 06, 2019 - 03:03 PM

    Non sei como no hay mais accidentes , q non se ve nada nas salidas, e unha vergonza

    Reply
  3. Avatar
    José Manuel González Díaz
    Xul 06, 2019 - 01:41 PM

    Tarde, mal e arrstro, son una vergoña.

    Reply
  4. Avatar
    Jose Antonio Cabo Martinez
    Xul 06, 2019 - 12:16 PM

    E os propietarios das fincas que temen as limpien que a Xunta anda multando por non límpialas riesgo de incendios

    Reply
  5. Avatar
    Marga Yañez
    Xul 06, 2019 - 12:11 PM

    Voa falta fai , k en moitas das k vexo eu da deputación nn se ve nada , como pa nn ter accidentes , un desastre

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo