A Deputación promove os hábitos saudables apoiando o primeiro salón Lugo Elixe Saúde

O Presidente e a Vicepresidenta Segunda da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e Lara Méndez, a presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e os presidentes dos colexios oficiais de Farmacéuticos, de Enfermería e de Médicos de Lugo, Ana Prieto Nieto, Lourdes Bermello López, e Manuel Boquete Paris, respectivamente, xunto á Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, inauguraron este sábado na praza de San Marcos o primeiro salón Lugo Elixe Saúde, que se celebrará durante toda a fin de semana co obxectivo de promover entre os veciños da provincia hábitos saudables e o uso correcto de medicamentos. Os asistentes tamén poderán someterse a probas médicas da man de profesionais. No mesmo acto, presentouse tamén un libro de tamaño xigante, cunha encadernación de madeira realizada polo CENTRAD, que recolle unha serie de monográficos divulgativos sobre as enfermidades máis predominantes na sociedade.

As carpas instaladas en San Marcos inclúen espazos para os colexios profesionais de médicos, enfermeiros e farmacéuticos de Lugo, ademais de mesas informativas de colectivos lucenses relacionados coa saúde, como por exemplo a delegación local da Asociación Española de Loita contra o Cancro, a Asociación de Diabéticos Lucenses, a de Familiares de Enfermos de Alzhéimer, a Asociación Galega de Lupus, a Asociación Lucense de Fibromialgia, a Asociación de Persoas Xordas ou a Cruz Vermella.

Ademais, o Salón de Actos da Deputación acollerá tres conferencias. Unha hoxe mesmo, ás 18:00 horas, sobre vacinación a cargo do doutor Carlos Quintas, xefe do servizo de Medicina Preventiva do HULA. Mañá, ás 12:00 horas, a doutora Andrea Gallego, médica da Sociedade Española de Expertos en Tabaquismo, abordará esta adición; e ás 17:00 horas, Ana Prieto, presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, falará sobre medicamentos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com