" />

A Deputación rematará en xuño as obras da residencia pública con centro de día de Pol

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e o Alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, visitaron este martes as obras de construción da residencia pública con centro de día do Concello de Pol, que estarán rematadas no mes de xuño e das que xa se levan executado o 70%.

Tal e como avanzou Gómez Besteiro, unha vez finalizados os traballos procederase á instalación do equipamento e a contratación do persoal de xeito que Pol contará con esta dotación social antes de rematar o ano.

Estas instalacións terán 48 prazas para persoas maiores, ás que haberá que sumar as dos usuarios do centro de día. A Deputación achega 1,2 millóns de euros e o Concello de Pol 200.000 euros para o financiamento do proxecto, ademais da cesión dos terreos nos que estará ubicada esta dotación.

Gómez Besteiro:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo