A dirección do BNG propón incluir nas listas a todo o grupo parlamentario tras o apoio da militancia

O BNG avanza na conformación das candidaturas ás vindeiras eleccións autonómicas tras rematar o proceso de elección da militancia a través de asambleas comarcais. Nese proceso, as bases nacionalistas expresaron un apoio unánime ao traballo do grupo parlamentario, apoio que foi recollido pola dirección nacional cunha proposta na que as persoas repiten posto nas listas.

Neste sentido, a Executiva nacionalista formula como proposta que a candidatura pola Coruña repita como número dous, Xosé Luís Rivas,- Ana Pontón, portavoz nacional e candidata á Presidencia encabeza a lista por esta provincia. O resto de listas serán encabezadas por Olalla Rodil (Lugo), Noa Presas (Ourense) e Luís Bará (Pontevedra).

Esta proposta supón un refrendo das bases “ao traballo político, de denuncia e de presentación de alternativas desenvolvido polo grupo parlamentario, incluído o seu labor de defensa de todas as cuestións clave para a maioría social do país”.

Temas como a sanidade e os servizos públicos, os sectores produtivos, a igualdade real, a loita contra a precariedade, a denuncia da discriminación do Estado, a presentación de alternativas en materia de financiamento, infraestruturas, dereitos e liberdades, así como para incrementar o autogoberno real de Galicia. Ao que se suma “un rigoroso traballo de control ao Goberno de Feijóo e de alternativas a década de desfeita do Executivo do candidato do PP”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com