" />

A DXT pon en marcha un radar no Corredor entre Nadela e Monforte de Lemos

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) vai poñer en servizo o vindeiro luns, día 3 de decembro, un novo equipo de control de velocidade, que se localizará no punto kilométrico 35,500 da vía CG-2.2, o corredor que une as localidades de Nadela e Monforte de Lemos. Coa instalación deste equipo, que operará en ambos os sentidos da
circulación, a DXT ten como obxectivo a reducción do número de accidentes neste corredor mediante o control do cumprimento dos límites de velocidade.

O límite de velocidade é de 100 km/h en ambos os sentidos da vía. A existencia deste sistema de detección da velocidade advírtese previamente na estrada a través dun sinal informativo vertical, que xa é visible. Asimesmo, lémbrase que na páxina web www.dgt.es está dispoñible toda a información sobre os equipos de control de velocidade instalados nas nosas estradas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo