" />
Concello de Ribadeo e Torre

A estrada máis perigosa do Estado, en Ribadeo

A estrada máis perigosa do estado atópase na nosa provincia. Esa é a conclusión á que chega o estudo EuroRAP 2018 da Fundación Real Automóvil Club de Cataluña que analiza a accidentalidade viaria e do que se deduce que os máis de 8 km da N-642 que transcorren polo municipio de Ribadeo son os máis perigosos de toda a rede viaria nacional.

Ao paso deste informe saíu hoxe o rexedor ribadense quen aludiu á sinuosidade e deterioro da estrada así como a perigosidade engadida para os vehículos de dúas rodas ao ter os arcéns cheos de grixo. O alcalde, Fernando Suárez, pediu ao Ministerio de Fomento que preste atención a estas incidencias.

O alcalde contou que “acabo de ler que o Real Automóvil Club de Cataluña considera que unha das estradas máis perigosas de todo o Estado é o treito da N-642 que vai entre a vila de Ribadeo e Porto. Temos 8 quilómetros, e di que é unha das máis perigosas, por non dicir a máis perigosa, do Estado”.

Fernando Suárez dixo: “a verdade é que ser acredores de tan distintivo galardón non é boa cousa, e en todo caso porque teñen razón en parte. Se ben é certo que é unha vía moi sinuosa, con moitas curvas, tamén é certo que leva moitos anos absolutamente deteriorada. Nos últimos meses foi obxecto dun rebacheo con aglomerado parcial, para nada supuxo un reacondicionamento de todo o seu firme, senón de partes.”

O rexedor considera que “esta estrada ten unha carencia que a fai moi perigosa, sobre todo para os ciclistas ou para aquelas persoas que circulan en vehículos con dúas rodas, xa que as beiravías, os chamados tamén arcéns, están sempre cheos de grixo, sempre cheos de grava, que dificultan o paso e que supoñen un perigo sobre todo para os ciclistas ou para xente que conduce vehículos de dúas rodas, e que polo tanto se faría necesario que por parte das autoridades do Ministerio de Fomento prestasen atención a estas incidencias, para poder sacarnos a Ribadeo deste listaxe de vías perigosa do Real Automóvil Club de Cataluña”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo