" />

A Federación Veciñal reclama a recuperación da atención presencial médica na área sanitaria

Estamos probablemente xa na era pos- covid e a atención presencial na área sanitaria de Lugo, continúa sendo semipresencial e na maioría dos casos atención telefónica sen a presenza do paciente. Isto non foi nunca nin é de recibo, xa que mentres a sociedade é atendida de forma presencial en case todos os organismos públicos, no sistema empresarial e o ensino, no sistema sanitaria téntannos coar a idea de que o risco non permite a atención personalizada “in situ, en presenza do médico de turno”. Esta non é a ideoloxía que poida emanar da OMS ou da propia Unión Europea, que poden tomar medidas preventivas, pero non cunha duración de meses (un ano) dunha forma continuada.

Que pasa en Galicia na Sanidade pública, quizais hai unha falta de xestión adecuada e un intento de coarnos o sistema privado que nos levara a recortar nos Servizos de Atención Primaria: por iso reivindicamos de forma inmediata un incremento claro de recursos na Atención Primaria, unha adecuación dos Centros e os seus servizos con novas dotacións tecnolóxicas e de formación do persoal dos Centros de Primaria.

Hai que controlar as derivacións sanitarias tanto de Atención Primaria como de Atención Especializada ao sistema privado, xa sexan consultas externas como probas diagnósticas. Hai que recuperar xa dunha vez tamén as asistencias de Fisioterapia, logopedia (estas de forma especial en lesións por accidente ou secuelas de Ictus), terapia ocupacional e Educación para a saúde.

Hai que ter en conta no sistema de xestión da Atención Primaria, a opinión da cidadanía, na visión do funcionamento dos servizos e o seu nivel de conformidade. Algo que existía dentro do sistema como Comisións de Participación Cidadá na Saúde e foi anulado polo actual executivo (ao que parecen non gustarlle as informacións ou críticas dos servizos).

Por iso na Provincia de Lugo, esiximos de forma inmediata, atención personalizada en todas as consultas dos Centros de Saúde (ou Atención Primaria) existentes e eliminando o sistema de consultas telefónicas que non fosen solicitadas por el paciente, con excepción das renovacións de receitas.

Tampouco aceptamos a atención de chamadas cun sistema impersonal automatizado e que moitas persoas por problemas de interpretación ou xordeiras non poden validar o servizo. Precisamos unha discriminación positiva cara á xente do rural, que non entende nin ten porque entender iso de que para responder pulse o 1, o 2 ou o infinito, dentro dun sistema de xestión privado.

Queremos atención presencial en todos os centros de Saúde os sábados en xornada de mañá, xa que consideramos inaceptable que Xerente da área de Xestión Integral de Lugo, salde o tema dicindo “que llo pediron os médicos ou que o mesmo faise noutras áreas de Saúde” -que pouco nivel de xestor-. Ao tempo, continuamos esixindo a creación dunha UNIDADE DE ICTUS NO HULA, se o Sr. Xerente da EOXI de Lugo non sabe cal é a súa composición, nós estamos dispostos e indicámosllo. Do mesmo xeito que continuamos requirindo a Unidade de Cirurxía Robotizada no Hula, xa que somos a primeira provincia de Galicia que o solicitou por escrito directo á Consellería de Sanidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo