A FGAMT denuncia que empresas do sector de ambulancias en Lugo queren descolgarse do convenio

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denuncia publicamente que “diante da entrada en vigor dos novos contratos para o transporte sanitario urxente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galiza-061, previstos para o vindeiro día 16 de outubro de 2019, as empresas adxudicatarias da provincia de Lugo están a tratar de realizar un descolgue encuberto do convenio colectivo galego para o transporte de enfermos e accidentados en ambulancia”.

As empresas entrantes, que terán que facer efectiva a subrogación do persoal dos lotes correspondentes á provincia de Lugo, “están a ameazar o persoal do sector con modificacións relativas á xornada laboral, incumprimentos no ámbito económico e mesmo de seguridade e saúde laboral”. Ditos feitos, segundo a CIG, “son particularmente graves tendo en conta os precedentes, posto que estas mesmas empresas son as actuais prestadoras de servizos dos anteriores contratos, aos que concorreron temerariamente por debaixo dos custes laborais co beneplácito da Xunta de Galiza”.

Doutra banda, esta actuación “reviste tamén unha grande temeridade porque na actualidade a lexislación vixente non permite este tipo de falcatruadas, polo que estes anuncios en vésperas da subrogación dos novos contratos pretenden disfrazar un intento de descolgue encuberto do vixente convenio de ambulancias e prender de novo a conflictividade no sector do persoal das ambulancias”.

Dende a FGAMT-CIG de Lugo fan un chamamento ás empresas do sector na provincia para que “no inmediato se sitúen no carreiro das obrigas contraídas no cumprimento das condicións da subrogación e no marco do actual convenio, así como á Xunta de Galiza a non mirar para outro lado diante de incumprimentos nas condicións laborais deste sector”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Manuel Quiroga Lopez
    Out 13, 2019 - 12:38 PM

    Empezan ben

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo