A FRUGA solicita a Conselleira do Medio Rural a ampliación do prazo de presentación das solicitudes da PAC

A Federación Rural Galega – FRUGA rexistrou hoxe unha carta dirixida a Conselleira do Medio Rural e do Mar para que se posicione a favor da ampliación do prazo de presentación das solicitudes de axuda da PAC deste ano.

A raíz da demora na apertura de prazo para poder comezar a tramitar as solicitudes da PAC 2015, e tendo coñecemento da proposta por parte do Comisario de Agricultura, Phil Hogan, de autorizar aos Estados Membros a prorrogar ata o 15 de xuño de 2015 o prazo de presentación das solicitudes unificadas da PAC de pagos, tanto do primeiro coma do segundo piar, dende a FRUGA esixen á Conselleira de Medio Rural e Mar, que reclame e apoie a aprobación de dita prórroga a nivel comunitario, dando traslado desta petición ao Ministerio de Agricultura e a Comisión Europea de Agricultura.

Atendendo ao indicado anteriormente, a FRUGA solicita que coa maior dilixencia dispoñan a modificación normativa estatal e galega co obxecto de facer uso de dita facultade no Estado Español e que as solicitudes unificadas de axuda poidan ser presentadas ata o 15 de xuño, nesta campaña.

Dende a Federación Rural Galega (FRUGA) consideran imprescindible adoptar esta medida, dado o retraso na posta en marcha da aplicación informática nesta campaña e na publicación de normativas rexionais e das circulares de coordinación do FEGA, relativas a cuestións importantes, precisas, para poder facer un correcto asesoramento e tramitación das solicitudes.

Denuncian asemade, as deficiencias que estan a detectar na posta en marcha e na articulación da tramitación desta campaña da PAC 2015 por parte da Consellería.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com